Política de privacidade
De acordo coa normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, procedemos a informarlle do tratamento de datos persoais que realizamos das persoas usuarias da presente páxina web e do alumnado da escola.
1. Responsable do tratamento dos datos
ESCOLA DE MÚSICA DAS PONTES – ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES
Rúa Monte Caxado, 8
15320 As Pontes de García Rodríguez
A Coruña
Correo electrónico: info@bandadaspontes.gal
2. Finalidade do tratamento, lexitimación e prazo de conservación
A ESCOLA DE MÚSICA DAS PONTES poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:
Prazo de conservación:
Os datos persoais serán conservados mentres se manteña a relación co alumnado e/ou as familias, e durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais aplicables, ou ata que a persoa titular dos datos solicite a súa supresión, de acordo coa normativa vixente.
2.1. Xestión do alumnado e das actividades formativas
Os datos serán utilizados para a xestión das matrículas, a organización das clases, a asignación de profesorado e instrumentos, así como para a coordinación das actividades internas da Escola de Música e das agrupacións (Banda Xuvenil, Banda Cultural, conxuntos, coro, etc.).
Lexitimación: execución da relación xurídica derivada da matrícula e o consentimento expreso outorgado no momento da inscrición.
2.2. Envío de comunicacións informativas sobre o funcionamento da escola
Utilizaranse os datos de contacto para enviar información relativa ao funcionamento da escola, incluíndo:
cambios no calendario escolar,
novas actividades,
audicións e concertos,
reunións informativas,
calquera outra comunicación de interese para o alumnado e as súas familias.
Lexitimación: interese lexítimo da Escola na correcta información ás persoas usuarias e na mellora do servizo prestado.
2.3. Xestión administrativa e económica
Tratamento de datos relacionados co pagamento das cotas, emisión de recibos e facturas, control de impagos e demais xestións administrativas necesarias para o correcto funcionamento da Escola e da Asociación.
Lexitimación: cumprimento de obrigas legais (fiscais e contables) e execución da relación contractual/colectiva coa Asociación Cultural e Recreativa Amigos da Música.
2.4. Creación de grupos de comunicación entre profesorado, alumnado e titoría
Poderanse utilizar os datos de contacto para a creación de grupos de mensaxería instantánea (por exemplo, WhatsApp ou aplicacións similares) co único fin de facilitar a comunicación interna entre o profesorado, o alumnado e/ou os seus titores legais cando compartan materia ou agrupación.
Estas comunicacións limitaranse a:
aspectos organizativos,
recordatorios de ensaios, audicións e concertos,
cuestións relacionadas co desenvolvemento das clases e actividades da Escola.
En ningún caso estes grupos terán finalidade comercial nin promocional allea á actividade educativa e musical da Escola.
Lexitimación: interese lexítimo da Escola na mellora da coordinación docente e no seguimento académico e organizativo.
2.5. Servizo de atención ao usuario a través do formulario de contacto e/ou envío de correos electrónicos
Finalidade do tratamento:
Trataremos os datos estritamente necesarios para xestionar a súa solicitude, consulta, reclamación ou petición de información recibida a través do formulario de contacto da web ou do correo electrónico.
Lexitimación:
Interese lexítimo de ambas partes para a resolución de solicitudes ou consultas.
No caso de reclamacións relacionadas cos nosos servizos, o tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas legais.
Prazo de conservación:
O tempo necesario para dar resposta á súa solicitude e, en calquera caso, ata que transcorra o prazo de prescrición das posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.
3. Destinatarios de cesións
A ESCOLA DE MÚSICA DAS PONTES / ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA non cederá os seus datos a terceiros, agás nos seguintes supostos:
cando sexa necesario para dar cumprimento a unha obrigación legal,
cando exista requirimento das administracións públicas ou órganos xudiciais,
cando sexa imprescindible para a prestación dalgúns servizos contratados (por exemplo, entidades bancarias para a xestión de cobros), sempre baixo o correspondente contrato de encargado de tratamento, conforme á normativa de protección de datos.
4. Política de cookies
Para revisar o tratamento de datos relativo ás cookies, pode consultar a Política de cookies, dispoñible nesta mesma páxina web.
5. Política de Protección de Datos da páxina web
A presente Política de Privacidade resulta de aplicación ás interaccións que se realicen a través da páxina web da Escola de Música das Pontes / Banda de Música de As Pontes, así como aos formularios en liña habilitados para contacto ou matrícula (no seu caso).
Poderá configurar as súas preferencias respecto ao uso de cookies no propio aviso de configuración habilitado na web.
6. Dereitos das persoas interesadas
Informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos:
Dereito de acceso aos seus datos persoais.
Dereito de rectificación dos datos inexactos.
Dereito de supresión dos datos cando, entre outros motivos, xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
Dereito á limitación do tratamento, nos casos previstos legalmente.
Dereito de oposición ao tratamento dos seus datos, en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular.
Dereito á portabilidade dos datos, cando sexa legalmente aplicable.
Dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo.
Pode exercer estes dereitos enviando unha solicitude á seguinte conta de correo electrónico:
info@bandadaspontes.gal
Así mesmo, se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través das seguintes vías:
Sede electrónica: www.aepd.es
Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid
Teléfonos: 901 100 099 – 91 266 35 17
7. Medidas de seguridade
A ESCOLA DE MÚSICA DAS PONTES ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta:
o estado da tecnoloxía,
a natureza dos datos tratados,
os riscos aos que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural.
Estas medidas serán revisadas e actualizadas de forma periódica co obxectivo de garantir en todo momento a adecuada protección da información persoal.
