Regulamento


REGULAMENTO ESCOLA DE MÚSICA DAS PONTES

CURSO 2025-26

1. Organización das ensinanzas  

A oferta que ofrece a Escola está dirixida a xente de todas as idades, dende  nenos/as de 4 anos aos adultos/as.

1.1.Especialidades instrumentais

  • Óboe  
  • Frauta
  • Clarinete  
  • Saxofón
  • Fagot
  • Trompa  
  • Trompeta  
  • Trombón  
  • Bombardino  
  • Tuba  
  • Percusión  
  • Gaita
  • Piano
  • Canto

1.2. Materias comúns

  • Música para bebés
  • Iniciación á Música  
  • Linguaxe Musical  
  • Harmonía  
  • Historia
  • Análise  
  • Piano Complementario
  • Informática Musical
  • Materia optativa
  • Conxunto
  • Conxunto Coral
  • Banda Xuvenil  
  • Banda Cultural

1.3. Secuenciación das materias nas distintas idades.

  • Música para bebés: 1-2 anos
  • Música e movemento INICIACIÓN I: 3-4 anos
  • Música e movemento INICIACIÓN II: 5 anos
  • Música e movemento FORMACIÓN BÁSICA I: 6 anos
  • Música e movemento: FORMACIÓN BÁSICA II: 7 anos Linguaxe musical a partir de 8 anos
  • Linguaxe musical 1º
  • Linguaxe musical 2º
  • Linguaxe musical 3º
  • Linguaxe musical 4º
  • Linguaxe musical 5º  
  • Linguaxe musical 6º

Instrumento

  • Pre-instrumento 6-7 anos (coincide con música e movimiento formación básica I e II)
  • Instrumento 1º
  • Instrumento 2º
  • Instrumento 3º
  • Instrumento 4º
  • Instrumento 5º
  • Instrumento 6º
  • Instrumento 7º
  • Instrumento 8º
  • Instrumento 9º
  • Instrumento 10º Resto de asignaturas
  • Harmonía (7º e 8º instrumento)
  • Historia (8º e 9º instrumento)
  • Análise (9º e 10º instrumento)
  • Informática musical (7ºinstrumento)
  • Piano complementario (7º,8º,9º, 10º instrumento)
  • Materia optativa (10º instrumento)

Agrupacións

  • Banda Xuvenil (a partir de 1º)
  • Banda cultural (a partir de 6º)
  • Coro (a partir de 1º)
  • Conxunto (a partir de 2º)  

1.4. Duración das clases

MateriaDuración
Música para bebés30 minutos
Música e movemento: INICIACIÓN Á MÚSICA    (4 a 6 anos)45 minutos  
Música e movemento: FORMACIÓN BÁSICA      (6 a 8 anos)1 hora
Linguaxe musical 1º e 2º                                      (a partir de 8 anos)1 hora
Linguaxe musical 3º, 4º, 5º e 6º                            (a partir de 10 anos)1 hora de teoría e lectura 30 min de educación auditiva e dictado
Pre-instrumento (6-7 anos)30 minutos
Instrumento 1º, 2º, 3º, 4º (8 a 12 anos)45 minutos  
Instrumento 5º, 6º, 7º, 8º, 9º, 10º                          (a partir de 12 anos)1 hora
Conxunto30 minutos  
Banda Xuvenil1 hora
Conxunto coral45 minutos
Banda Cultural2 horas
Harmonía45 minutos
Historia  45 minutos
Análise1 hora
Piano Complementario30 minutos  
Informática Musical30 minutos
Materia optativa30 minutos
Instrumento adultos  30 minutos  
Solfeo adultos  1 hora  
Música de cámara adultos  1 hora

2. ALUMNADO

2.1. Taxas

Plan de estudo  Prezo
Música para bebésGratuito
Música e movemento: INICIACIÓNGratuito
Música e movemento: FORMACIÓN BÁSICA21,00 €
Música e movemento: FORMACIÓN BÁSICA + 2º instrumento  36,00 €
Linguaxe musical12,00 €
Linguaxe musical + instrumento26,00 €
Linguaxe musical + 2 instrumentos41,00 €
Alumnos de banda cultural 1 materia21,00 €
Alumnos de banda cultural 2 materias26,00 €
Adultos linguaxe musical12,00 €
Adultos linguaxe musical + instrumento35,00 €
Adultos linguaxe musical + 2 instrumentos50,00 €

Estas cotas efectúanse a traves das transferencias que a Asociación realiza. Poden realizar o pago de tres maneiras diferentes:

  • Pago único anual
  • Pago trimestral
  • Pago mensual  

O alumnado poderá darse de baixa en calquer momento do curso, pero non se lle devolverán os cartos que xa ten pagados no caso de que o seu método de pago sexa anual ou trimentral, se non hai causa xustificada.

Ademáis terá que pagar 20€ de matrícula facéndose así socio da Asociación “Amigos da Música” da cal depende a Escola e a Banda Cultural.  

Aqueles alumnos que só acuden a música para bebés, iniciación á música, á Banda Xuvenil, á Banda Cultural ou a Conxunto só terán que pagar a matrícula, non terán que pagar mensualidades.  

2.2.Obrigas a cumprir por parte do alumnado nas diferentes clases  

  • O alumno deberá manter unha actitude cívica nas clases, respectando as ordes que o mestre indica. En caso dun mal comportamento puntual de carácter grave, ou un comportamento inadecuado que persista no tempo, o equipo directivo do centro poderá tomar medidas sancionadoras ou mesmo decidir a explusión do alumno do centro.
  • O alumnado ten a obriga de acudir ás audicións que o seu titor lle propona ao longo do cur̃ so.  
  • O alumnado deberá asistir aos concertos nos que sexa requerido.
  • Os alumnos da Escola tenen a obriga de formar parte da Banda Xuvenil dende ̃      o curso 1º ata 5º. posteriormente, dende 6º en adiante pasarán a formar parte da Banda Cultural. Se o Director da Banda Xuvenil decide que o alumno pode ascender de banda antes de 6º, deberá consultalo co titor do alumno e o Director da Banda Cultural, e poderá formar parte das dúas bandas. Esta obriga é tamén aplicable aos alumnos do plan non regulado, os cales deberán asistir polo menos a unha das dúas Bandas.

2.3. Préstamo de intrumentos  

Os alumnos disponen dun instrumento de pr̃  éstamo cando comezan a tocar na Escola. Poderán utilizar este instrumento mentras non se esgoten os instrumentos dos que dispón a Escola. Este préstamo garantízase durante un curso académico.

O alumno debe devolver o instrumento en bo estado, en caso contrario, deberá aboar a cantidade fixada no préstamo do insrtumento ou pagar a reparación do mesmo no caso de ser unha cantidade menor á fixada.

Os criterios seguidos para a devolución do instrumento prestado é:  

  1. Periodo de tempo do que se dispón do instrumento.
  2. Ante a igualdade do 1º punto, poderá continuar co instrumento aquel alumno que leve máis cursos matriculado na  Escola.
  3. No caso de persistir a igualdade, quedará co instrumento por data de nacemento. Así o alumno máis novo quedará con el.

Non se realizan préstamos de instrumentos a alumnos adultos, exceptuando que a Escola dispoña de instrumentos que non sexan utilizados nese periodo de tempo.

2.5 Orde de elección de instrumento  

Ao final de cada curso ábrese o prazo para decidir qué intrumento tocar o curso que vén. Ante esta situación hai unha serie de parámetros que determinan a orde na que os alumnos poden escoller a súa praza nun determinado instrumento:  

  1. Os nenos que solicitan cambio de instrumento  
  2. Os nenos que levan máis tempo matriculados na Escola en Iniciación  
  3. A igualdade de anos na Escola, comeza a escoller o alumno con maior idade.

2.6.Elección de horarios

Serán escollidos nas presentacións. A súa elección estara baseado nos seguintes criterios: a) Materias comúns

A Escola dará preferencia ao alumnado de curso máis baixo, co cal empezarán a escoller os nenos de Iniciación de 4 anos ata chegar ata os 8 anos. Logo irán os alumnos de menor a maior curso.

Dentro do mesmo curso comezarán a escoller os alumnos con máis antigüedade na Escola, en caso de empate coa 1ª letra do apelido asignado pola Xunta.

Na materia de Conxunto e os grupos de Linguaxe escolleráse do curso máis avanzado ata o curso máis baixo.  

Na materia da Banda Xuvenil, o horario será establecido polo director da agrupación. b) Materias individuais

  1. Alumnos do Plan regulado no curso máis baixo (ante a igualdade de curso, máis antigüedade na Escola, en caso de empate, acúdese ao apelido proposto pola Xunta)
  2. Alumnos do Plan non regulado, por data de nacemento, de máis pequeno a máis maior, en caso de empate antigüedade na Escola
  3. Adultos, por orde de maior antigüidade de matriculación na Escola.
3.Profesorado 3.1.Plantilla 
Profesor oboe:             Miguel Alonso Prada
Profesora frauta:          Silvia Padín Blanco
Profesoras clarinete:   GregorioTamara Soto Soto, Iria Vázquez Gutiérrez, Silvia Balseiro
Profesores saxofón:  Daniel Novo Pena e Esteban Cabana Pérez  
Profesor trompeta:       Xabier Vázquez Gutiérrez
Profesor trompa:          Javier Meizoso Fernández
Profesor trombón:        Marta Fernández Feijoo
Profesor bombardino-tuba:Iván Carballal Corral
 Profesor percusión:  Robin Leira Vázquez 
 Profesor de piano:  Pablo Nistal Liñares 
 Profesor canto/coro: 3.2.Equipo directivo   Cecilia Grandal Gabeiras 
           Director:              Robin Leira Vázquez 
 Subdirectora:  Tamara Soto Soto 
 Xefe de estudos: Javier Meizoso Fernández 
           Secretario:          Esteban Cabana Pérez 

3.3.Xefes de departamento  

Os xefes de cada departamento encargaranse de revisar o correcto funcionamento dos diferentes aspectos das actividades e rutinas que se desenvolven no mesmo. O reparto é o seguinte:  

Especialidade  Xefe departamento
Música e movementoTamara Soto Soto
Linguaxe Musical e fundamentos da composiciónJavier Meizoso Fernández
Vento MadeiraDaniel Novo Pena
Vento MetalIván Carballal Corral
PercusiónRobin Leira Vázquez

3.4.Claustro do profesorado  

O director da Escola convocará un claustro ao final de cada trimestre no que se falará da progresión dos alumnos, calificando no boletín o progreso do mesmo. Asimesmo trataranse os temas estipulados na orde do día e diferentes temas que podan surxir.  

3.5.Ensaios e concertos da Banda. Audicións da Escola.

a)Ensaios e Concertos da Banda  

O profesorado da Escola terá obrigada asistencia ao 50% da duración dos ensaios de cada mes, dende o comezo do curso escolar ( 10 de setembro) ata o seu remate (7 de xuno), se nalg̃   ún destes meses non se puidese cumprir dita norma, deberase recuperares a porcentaxe nalgún dos seguintes meses.  

Esa asistencia estará controlada polo Director da Escola e notificarase a final de cada mes a asistencia que leva cada profesor.

A asistencia dos profesores aos concertos durante o curso escolar será obrigatoria, de non poder acudir, debe avisar ao director da Banda e deberá buscar a un substituto solvente que ocupe o seu posto. Estes concertos serán retrubuídos económicamente aos mestres da Escola, contabilizando cada concerto como dúas horas de clase.

Asimesmo, durante o verán terán lugar unha serie de concertos aos cales o profesorado deberá acudir na medida do posible e xa que non forma parte do curso escolar se lle abonará unha cantidade a tratar para pagar o desprazamento ó lugar do concerto.

b) Audicións. Os profesores deberán asistir ás audicións da Escola cando cadre co seu día de traballo, sendo 3 audicións ó longo do curso e aos claustros que se convoquen ao longo do curso, sendo un sábado por trimestre en horario do ensaio da Banda Cultural.

As tardes que hai audicións suspenderanse as clases unha hora antes de que dea comezo a Audición. Non sucederá o mesmo cos adultos, os cales terán a clase individual a non ser que estes adultos tamén participen na audición.  

Nestas audicións deben participar todos os alumnos que cursen dende 1º en adiante, sendo optativo para os alumnos de Formación Básica c)Concertos da Banda Xuvenil

A Banda Xuvenil realizará un total de 5 actuacións ó longo do curso. d) Concertos dos conxuntos

Os profesores encargados de impartir a materia de conxunto, terán 3 actuacións ó longo do curso.

3.6.Cambios de clase por parte do profesor  

No caso de non poder impartir algunha das clases no horario asignado ao principio de curso, o profesor poderá faltar sen ter que recuperar a clase nos seguintes casos:

  1. Por enfermidade, e sempre con xustificante o ou baixa médica do correspondente día que faltou ó traballo.
  2. Nacemento dun fillo, enfermidade grave ou hospitalización dun familiar de hasta 2º grado, e tamén con xustificante, dereito a faltar de 3 a 5 días.
  3. Licencia de matrimonio, dereito a 15 días.
  4. Exames oficiales para o perfeccionamento e promoción profesional.

Deberallo comunicar cando sexa posible con polo menos 15 días de antelación ao Director, ademáis cada profesor disporá de 2 días por trimestre de permiso para faltar ó traballo, sen dereito a retribución económica.

Neste caso o profesor propondrá unha fecha de recuperación, e senón se chega a un acordo co alumno, a Escola propondrá outro profesor que sustitúa esas horas de clase.

3.7.Nóminas e folla do traballador

As nóminas serán entregadas a pricipios de cada mes por parte do Director da Escola, a cada profesor, e entregade as ó final do mesmo cubertas de volta ó propio director.

3.8. Falta de asistencia do alumnado.

Os profesores dispoñen dunha folla facilitada pola dirección do centro, onde deberán apuntar as faltas que cada alumno ten cada trimestre, especificando qué día non asistíu á clase. Nesta folla deberán aparecer as faltas de todos os alumnos exceptuando os alumnos de Iniciación (adultos incluidos). Esa folla deberá ser entregada ao Director no final de cada trimestre asinada polo propio profesor.  

3.9.Comunicación cos pais

Os profesores deben ter unha comunicación fluída cos pais, ou ben presencial ou de forma telefónica, e comunucación continua cos titores,informando da situación do alumno. Todas as comunicacións de variacións nas clases deben ser cos titores, nunca a través do menor.

3.10.Préstamo de instrumentos

As normas do préstamo deben ser explicadas polo profesor de instrumento do alumno  aos titores do alumno, posteriormente débese cumprimentar o documento con todos os datos (no caso do prezo do instrumento debe ser consultado co xefe de estudos), asinar o documento e entregarllo ao xefe de estudos.

3.11.Pianista acompañante

O titor propoñerá cada trimestre a unha serie de alumnos que tocarán co pianista acompañante, tendo unhas clases dunha duración de 20-30 minutos.

Así o Director da Escola proporcionará ao profesorado o número de alumnos que participará nesta actividade en cada un dos trimestres,adxuntando tamén a distribución das clases nas distintas semanas das diversas especialidades instrumentais, sendo responsabilidade do profesor o consenso do horario co pianista e os pais do alumno, realizando unha audición ao final de cada trimestre cada un dos alumnos que participan.

3.12.Horario Lectivo da Escola  

As clases na Escola poderanse impartir de luns a venres de 15:00 a 22:00 e os sábados de 09:00 a 14:30.

3.13.Instalacións das que dispón a Escola  

Estas clases poderán ser impartidas nas instalacións da propia Escola dentro do antigo Colexio Monte Caxado.