Aviso legal


En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xuño, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), facilitámoslle información sobre o titular da presente páxina web:
ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES
CIF: G15333321
Enderezo: Rúa Monte Caxado, 8
15320 As Pontes de García Rodríguez
A Coruña



1.- Condicións xerais de uso do portal
O portal www.bandadaspontes.gal ten por obxecto informar ao público en xeral sobre os seus servizos, actividades musicais e formativas, así como sobre a Escola de Música e as súas agrupacións.
A visita e uso deste portal web implica a aceptación total e expresa das condicións expostas no presente aviso legal, polo que ao usar esta páxina web, vostede consente quedar vinculado por estas condicións, pola nosa Política de Privacidade e pola Política de Cookies. Se non está de acordo con todas as condicións expostas no noso Aviso Legal, Política de Privacidade e Política de Cookies, non debe usar esta páxina web.
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir, engadir ou actualizar a información contida na web, así como a configuración e presentación desta.
Recomendámoslle comprobar periodicamente a vixencia e exactitude dos contidos do presente aviso legal, posto que pode ser modificado co fin de manter actualizada a información publicada no portal.
A vixencia das condicións de uso irá en función dos cambios que vaian resultando necesarios na páxina web. Sempre se publicarán as modificacións oportunas.

2.- Protección de datos
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES cumpre coas directrices da normativa vixente en materia de protección de datos: a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016; e comprométese a garantir un correcto uso e tratamento dos datos de carácter persoal das persoas usuarias.
Deberá acceder á Política de Privacidade da Escola de Música/Banda a través da ligazón correspondente para obter información detallada sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal.

3.- Propiedade intelectual e industrial
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES é a titular, ou ben conta coas licenzas correspondentes, de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos contidos desta páxina web, así como de calquera imaxe, son, audio, vídeo, software, textos, marcas ou logotipos, etc., que se atopen nela, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Quedan expresamente prohibidas a reprodución, comunicación pública, distribución ou calquera outra forma de explotación dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa e expresa da ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES.
Si se autoriza o uso do contido da páxina web para un uso persoal e privado. Calquera outro uso deberá ser comunicado e autorizado de forma previa e expresa pola Asociación.

4.- Responsabilidade
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES non garante a inexistencia de erros no contido da web nin que este se atope permanentemente actualizado, aínda que a súa intención será sempre a de evitalos, subsanalos ou actualizalos.
Tampouco se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan causarse ao sistema informático das persoas usuarias da páxina web, como consecuencia da presenza de virus, erros ou do mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas deste.

5.- Ligazóns
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES pode publicar ligazóns externas e alleas a esta páxina web por consideralas de interese.
Ao tratarse de ligazóns a páxinas web alleas, a Asociación non se fai responsable do contido deses hipervínculos, nin garante a súa dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude ou constitucionalidade de calquera material ou información contida nos mesmos.
A inclusión destes hipervínculos non implica ningún tipo de asociación, relación, patrocinio ou participación coa entidades propietarias das páxinas ás que se enlaza.

6.- Dereito de exclusión
A ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES poderá impedir o acceso á web a calquera usuario que incumprira as condicións reflectidas no presente aviso legal, reservándose así mesmo o dereito a retirar aqueles contidos, comentarios ou achegas que considere inadecuados, ofensivos, ilícitos ou que, ao seu xuízo, non resulten axeitados para a súa difusión pública.

7.- Lexislación aplicable e xurisdición
A presente páxina web réxese pola lexislación española vixente, e en particular polas seguintes normas:
Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE).
Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679.
Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e demais normativa de desenvolvemento que poida resultar aplicable.
Sen prexuízo dos dereitos que poidan corresponder ás persoas consumidoras e usuarias, para calquera controversia que poida derivarse do acceso ou uso desta páxina web, as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, aos xulgados e tribunais competentes de ______.