Os primeiros pasos na música

Música para bebés

A música acompaña aos máis pequenos desde moi cedo. Nestas sesións, pensadas para nenos e nenas de 1 e 2 anos, a música vívese a través do xogo, a voz e o movemento. Cancións, ritmos, sons e pequenos instrumentos convértense nunha forma de descubrir o mundo, estimular a atención e a comunicación e gozar da música desde os primeiros anos.

Que facemos nas sesións

As sesións son breves e están adaptadas ao ritmo dos máis pequenos. Escoitamos e cantamos cancións, exploramos sons e texturas con instrumentos sinxelos e acompañamos a música co corpo, sempre desde o xogo e a experimentación e respectando os tempos de cada neno e nena.

O obxectivo non é aprender un instrumento, senón crear un primeiro vínculo coa música que sente as bases do desenvolvemento musical futuro.

Horario e condicións

Venres de 17:45 a 18:15. Para nenos e nenas de 1 e 2 anos. Actividade gratuíta para socios da Banda de Música de As Pontes.


Profesora

Silvia Balseiro Gregorio, profesora

Silvia Balseiro Gregorio

Profesora de Música para bebés e Música e movemento

Silvia Balseiro Gregorio nada nas Pontes de García Rodríguez no 2001. A súa formación musical comeza neste pobo cos estudos de clarinete na Escola de Música das Pontes.

Asimesmo, accede no 2019 ao Conservatorio Superior da Coruña, onde se cursaron estudos de clarinete. Máis tarde, en concreto no 2021, decide compaxinar a súa especialidade interpretativa coa carreira de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

A formación ampliouse cun máster de interpretación en clarinete no Conservatorio Luigi Cherubini de Firenze (Italia) cunha estancia de dous anos. Con isto, aproveitouse a realizar un Erasmus+ no Conservatorio Giovanni Martini de Boloña na especialidade de Pedagoxía ese primeiro ano, e no segundo tamén se completou un máster en Investigación Musical na Universidade Internacional de Valencia.

Complementariamente realizáronse cursos especializados en análise do repertorio musical con Emilio Lede, cursos formativos sobre metodoloxías pedagóxicas, por exemplo no Orff-Schulwerk con Iris Gil, e numerosas clases maxistrais con profesorado de referencia internacional:

Lorenzo Coppola, Juan Ferrer, Ivan Marín, Franch Ballester, Josep Fuster, Luis

Estelles, Sergio Pires, Massimo Mazzone,Teddy Ezra, Carlos Ferreira, Alex Salgueiro, Gerald Klaxberger, Stefano Novelli, Fabrizio Meloni, entre outros.

Ademáis participou en eventos como o World Music Contest de Kerkrade en 2022, no Festival Intercéltico de Lorient como clarinestita no 2023, así como colaboracións con agrupacións como a Banda Sinfónica Galega, a Banda Municipal de Santiago e a Banda Municipal da Coruña.

contacta connosco

Tes dúbidas sobre as clases, a matrícula ou os concertos da escola? Escríbenos e axudarémoste encantados.
O equipo da Escola de Música e Banda de As Pontes está á túa disposición para ofrecerche información, orientación e acompañamento en todo o que precises.

Completa o formulario e poñerémonos en contacto contigo o antes posible.

This field is for validation purposes and should be left unchanged.
Nome e apelidos

Información básica sobre protección de datos

O Responsable do Tratamento é ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREAT. AMIGOS DA MÚSICA – BANDA DE AS PONTES, Asociación Cultural sen ánimo de lucro G15333321 . A finalidade do tratamento é a de atender o teu trámite. A base legal do tratamento é o interese legítimo do Responsable do tratamento. Non se preven comunicacións de datos salvo nos supostos legalmente previstos. Podes acceder, rectificar ou suprimir os teus datos segundo a información adicional que podes consultar. aquí.

Sin nombre(Necesario)